Dous cociñeiros melidenses gañan o Desafío XChef
- Laura Moure

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Melide
Dous melidenses gañaron o Desafío XChef by Cervezas 1906 en Madrid que se celebrou estes días pasados.

O cociñeiro melidense Andrés Torreiro, do restaurante D’Obra desta localidade, vén de acadar o primeiro premio na sexta edición do Desafío XChef by Cervezas 1906, celebrada en Madrid. Un recoñecemento que pon en valor o talento gastronómico local nun certame de ámbito estatal.
PUBLICIDADE
Neste mesmo concurso tamén destacou o cociñeiro Miguel Vázquez, do restaurante Atípico da Coruña, que conseguiu o segundo posto. Vázquez, que conta tamén con raíces en Melide, confirma así o alto nivel culinario vinculado a esta vila.

PUBLICIDADE
Lembramos que Andrés Torreiro opta a recibir o Premio Cociñeiro Galego 2026. Podedes votar por el ata o 17 de maio. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-chef-andr%C3%A9s-torreiro-de-d-obra-gastron%C3%B3mico-de-melide-opta-ao-premio-coci%C3%B1eiro-galego-2026








Comentarios