A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visita á gandaría Casal-Vázquez, situada en Melide
- Laura Moure

- hace 31 minutos
- 2 Min. de lectura
Aquí abordou a remuda xeracional no agro a través das axudas da Xunta para a incorporación de mozos e plans de mellora das explotacións
Laura Moure/Melide
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, destacou onte o compromiso da Xunta coa remuda xeracional no agro a través das axudas para a incorporación de mozos e plans de mellora das explotacións. Foi durante a súa visita á gandaría Casal-Vázquez, situada en Melide, e na que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.

Nesta liña, a conselleira fixo fincapé no orzamento da última convocatoria destas subvencións, que acada os 53 millóns de euros e que representa a maior dotación destas
achegas desde o ano 2018. Ademais, cómpre salientar que desde o 2009 estas axudas
apoiaron a incorporación de máis de 5.000 mozos ao agro galego e que só no período
2016-2024 esta medida supuxo unha inxección económica no rural duns 369 millóns de
euros, beneficiando máis de 5.800 explotacións.
PUBLICIDADE
Labor de divulgación a través das redes sociais
Sobre a gandaría visitada onte, a conselleira quixo agradecer á súa co-titular, Lucía Casal,
o seu traballo “como muller, como gandeira e como influencer”, xa que esta moza, que
recibiu axuda para a súa incorporación, non só xestiona a granxa, senón que tamén
comparte en redes sociais a súa experiencia. Un labor de difusión e de divulgación que Gómez cualificou como “fundamental para animar a outras mozas e mozos” a seguir o seu
exemplo.
PUBLICIDADE
Do mesmo xeito, a titular de Medio Rural subliñou que esta explotación recibiu tamén achegas para mellorar as súas instalacións, un proceso no que segue avanzando para consolidar a súa actividade, centrada no vacún de carne en extensivo con máis de 40 bovinos e inscrita en Ternera Gallega. Esta orientación produtiva, segundo sinalou Gómez,
é clave para ordenar e xestionar o territorio cun enfoque sustentable.








Comentarios