top of page

O I Mercado de Nadal de Agolada brillou con luz propia

Gran éxito desta iniciativa que congregou a un importante número de visitantes nos Pendellos a pesar das condicións meteorolóxicas adversas


Laura Moure/Agolada

Autor: Ángel Luis Utrera.

O recinto dos Pendellos de Agolada volveu revivir onte coa celebración do I Mercado de Nadal. A choiva non foi escusa e fixo que moita xente se pasase ao longo do día por este enclave histórico. De feito, a organización fala de éxito e seguramente, que esta cita se volva a repetir!


Este lugar máxico encheuse de luces e adornos de Nadal e sobre todo, de artigos e distintos produtos da zona elaborados da mellor maneira e sen dúbida, con moito cariño, polas distintas empresas da contorna. Ademais, durante todo o día houbo distintas actividades como obradoiros para os máis pequenos (sen esquecernos do posto con artigos elaborados pola ANPA do CEIP de Agolada, feitos por grandes e pequenos); música a cargo de Bico da Balouta e Leña Verde, a presentación do libro de Xavier Aboy... E para rematar, contaron cunha visita moi especial: a do Apalpador!

Visita do Apalpador. Autor: Anxo Oro.

Esta iniciativa estivo organizada por Uzkalutopía, a Tenda Ramón, Inma Galego, Studio Kléc, Xavier Aboy Úrkalo e pola Asociación Daquí Darredor contando coa colaboración do Concello de Agolada e tamén coa de moitas outras persoas que de maneira altruísta quixeron poñer o seu graniño de area.


Así que quedámonos con iso: a satisfacción do bo facer e a unión dun pobo, que sen dúbida, é o mellor de calquera tipo de iniciativa. Parabéns a organización!




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page