top of page

O grupo de música Bico da Balouta impartirá clases de canto, pandeireta, baile e de acordeón

Comezarán en novembro e son pensadas para todos os niveis e idades


Laura Moure/Agolada

O grupo de música tradicional de Agolada Bico da Balouta promove clases de distintas especialidades que arrancarán en novembro. Desta forma, ofrece clases de canto, pandereita e baile tradicional que serán impartidas por la profesora Marta Mouriño. Tamén haberá de gaita das que se encargará Laura López e de iniciación ao acordeón a cargo de Luis Correa.


Serán clases pensadas para todos os niveis e idades. Os interesados poden anotarse e obter máis información nos seguintes teléfonos: 664 146 520, 696 637 127 e 650 869 571.

Os componentes de Bico da Balouta.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page