top of page

O goberno municipal presenta á veciñanza de Negreiros o proxecto de mellora do local social

Comeza en Silleda o programa de capacitación dixital en Colaboración con Amicos


Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda presentou á veciñanza de Negreiros o proxecto de mellora do local social da parroquia, unha actuación que se financiará con cargo aos fondos correspondentes ao municipio dentro do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O proxecto contempla actuacións tanto no exterior como no interior do inmoble, co obxectivo de mellorar a súa funcionalidade, accesibilidade e conservación. Na reunión informativa, celebrada nos últimos días, a alcaldesa, Paula Fernández, foi a encargada de explicar os detalles da intervención prevista, ao tempo que se abordaron tamén outras necesidades da parroquia. O encontro serviu ademais para recoller impresións, achegas e demandas da veciñanza, nun exercicio de diálogo directo para coñecer de primeira man as prioridades do lugar.

Segundo o proxecto redactado para esta actuación, as obras inclúen a mellora do acceso exterior ao centro e á súa contorna, o levantamento parcial do asfaltado, o corte de raíces que están a levantar o pavimento , a colocación dunha celosía tipo pavi-céspede para facilitar o tránsito peonil, a instalación de módulos a modo de bordo-asento, e o reforzo da base e o reasfaltado da zona.


No interior do edificio acometeranse pequenas reparacións, o pintado da cociña e a dotación de novo mobiliario para este espazo. O prazo estimado de execución é de dous meses. O proxecto de mellora do centro social de Negreiros e a súa contorna prevé un

investimento de máis de 34.000 euros.


Por outra banda, o Concello de Silleda, en colaboración con Amicos, iniciou onte, 16 de marzo, un novo Programa de CapacitaciónDixital na Casa da Xuventude, unha proposta formativa gratuíta pensada para mellorar as competencias tecnolóxicas da cidadanía e facilitarferramentas útiles tanto para a vida cotiá como para a formación e oacceso ao mercado laboral. A iniciativa desenvolverase ata o vindeiro 27 de marzo e está dirixida a persoas de entre 16 e 64 anos.


Este programa enmárcase na aposta por achegar á veciñanza recursos prácticos que permitan avanzar na autonomía dixital nun momento no que as novas tecnoloxías están cada vez máis presentes en todos os ámbitos da vida. Dende a relación coa administración ata a procura de emprego, pasando pola comunicación, a formación ou a seguridade en internet, o manexo das ferramentas dixitais converteuse nun aspecto

fundamental no día a día de moitas persoas. A concelleira de Benestar e Igualdade, Ángela Troitiño, e o orientador laboral de Amicos, Pablo Penide, deron a benvida ás 15 persoas participantes neste ciclo formativo.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A acción formativa suma un total de 45 horas, das que 30 serán presenciais e 15 de teleformación. No que respecta á parte presencial, as sesións celebraranse os días 16, 17, 23, 24, 26 e 27 de marzo, en horariode 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións da Casa da Xuventude.

Durante o desenvolvemento do curso, as persoas participantes abordarán distintos contidos relacionados coas competencias dixitais, combinando coñecementos básicos e avanzados cun enfoque práctico. Entre os ámbitos que se traballarán figuran cuestións como a empregabilidade e a xestión en liña, a intelixencia artificial aplicada á procura de emprego, a ciberseguridade práctica, así como outros aspectos vinculados á seguridade e ao benestar dixital e ao uso de ferramentas dixitais básicas e avanzadas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A través desta programación, búscase non só ofrecer coñecementos técnicos, senón tamén reforzar a confianza das persoas usuarias no usodas novas tecnoloxías, favorecendo un acceso máis seguro, autónomo eeficaz aos recursos dixitais. Trátase, en definitiva, de contribuír a reducir afenda dixital e de abrir novas oportunidades a nivel persoal, social e laboral.


Con este novo curso, o Concello continúa a reforzar a súa liña de traballo a prol da formación e da inclusión, ofrecendo á veciñanza unhaoportunidade para adquirir novos coñecementos, mellorar habilidades e gañar seguridade no uso da contorna dixital.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page