O goberno municipal de Silleda presenta á veciñanza de Mourelos o proxecto de mellora do núcleo
- Laura Moure

- 8 mar
- 1 Min. de lectura
Esta intervención esta incluida no plan de viarios do ano 2026-2027
Laura Moure/Silleda
O goberno municipal de Silleda presentou onte á veciñanza de Mourelos o proxecto para a mellora deste núcleo de poboación que pertence á parroquia de Silleda. A alcaldesa e responsable municipal de obras, Paula Fernández, xunto co resto de membros do executivo e o enxeñeiro autor do proxecto mantivo un encontro cos residentes no que se explicou a actuación e se recolleron demandas e apreciacións da veciñanza.

O proxecto inclue o asfaltado dos tres accesos ao lugar de Mourelos (dous deles dende a PO-205 e outro dende A Mera, á altura da N-525) así como o formigonado do viario entre as vivendas. Nas obras incluense tamén redes de recollida de pluviais, a execución de varias zonas de cunetas transitables, así como a mellora da ponte que atravesa esta localidade. Así mesmo, tamén se inclúe unha demanda case histórica neste núcleo: a demolición dunha zona de penedo que dificulta o tránsito de vehículos cara ao río.
Publicidade
Para esta actuación, que xa conta co proxecto redactado, xa se están a tramitar os permisos sectoriais necesarios. Así mesmo, xa foi enviado á Deputación de Pontevedra como unhas das obras incluidas no programa Máis Provincia deste ano 2026.
PUBLICIDADE
O Concello iniciará o procedemento de contratación dos traballos por anticipado para garantir a súa execución durante este verán. Na licitación destas obras se incluirán como melloras a remodelación da fonte de Mourelos e a instalación de sistemas de suxección de colectores de lixo.








Comentarios