top of page

O goberno local de Rodeiro traballa en varios temas, entre eles na nova edición da Feira da Vaca Rubia

Laura Moure/Rodeiro

O Equipo de Goberno do Concello de Rodeiro mantivo unha reunión de traballo e coordinación na que participaron os responsables das distintas áreas municipais co obxectivo de facer balance das actuacións en marcha e definir a folla de ruta dos vindeiros meses. "A reunión puxo de manifesto a boa coordinación existente entre as diferentes concellerías e o compromiso compartido de continuar desenvolvendo unha acción de goberno centrada nas necesidades da veciñanza, na mellora dos servizos públicos e na creación de novas oportunidades para Rodeiro", recalcan dende o equipo de goberno.

Unha reunión do equipo de goberno de Camba hai unhas semanas.
Unha reunión do equipo de goberno de Camba hai unhas semanas.

Ao longo do encontro analizouse o avance dos proxectos actualmente en marcha e planificáronse as próximas actuacións que se irán desenvolvendo de maneira progresiva. Entre elas, abordáronse cuestións relacionadas cos servizos básicos municipais, especialmente a planificación dos traballos de desbroce, o mantemento e conservación das pistas e camiños municipais e outras actuacións destinadas a seguir mellorando os espazos públicos do concello. Neste sentido fíxose fincapé na execución de preto de 550.000 euros que están executando neste momento en melloras de firmes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

No ámbito cultural, avanzouse na preparación dunha nova edición de “Raíces e Horizontes”, un proxecto xa consolidado que une culturas, historia e as persoas independentemente do seu orixe.


Outro dos asuntos destacados foi a organización da Feira da Vaca Rubia, unha das citas máis importantes do calendario local e unha mostra do compromiso do Concello coa promoción do sector primario, da gandería e do potencial económico do rural. O Goberno municipal continúa traballando para que esta edición siga medrando en participación e proxección.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Goberno municipal consideran que este tipo de reunións son imprescindibles para manter unha planificación constante e garantir que todas as áreas traballen cun mesmo obxectivo: ofrecer respostas á veciñanza e seguir facendo avanzar o municipio.


“En Rodeiro temos un Equipo de Goberno unido, coordinado e comprometido. Compartimos unha mesma forma de entender a política municipal: traballar con responsabilidade, escoitar á veciñanza e planificar o futuro do noso concello con ilusión e rigor. Cada proxecto que sae adiante é froito dese traballo conxunto e desa coordinación permanente entre todas as concellerías", recalca Alberte Lamazares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Concello de Rodeiro continuará informando nas próximas semanas das diferentes actuacións e proxectos que se irán presentando, convencido "de que o traballo diario, a planificación e a unidade do Equipo de Goberno son a mellor garantía para seguir construíndo un concello dinámico, con máis servizos, máis oportunidades e un futuro esperanzador para toda a veciñanza".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page