O goberno local aproba o proxecto de reforma integral da Escola de Música de Silleda por uns 900.000 euros
- Laura Moure

- hace 3 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de aprobar o un proxecto de remodelación integral da Escola de Música Municipal, un investimento estratéxico que ascende a 890.185,78 euros e que permitirá adaptar este centro ás necesidades actuais dun equipamento educativo e
cultural de referencia. Ademais da aprobación do proxecto, o acordo da Xunta de Goberno Municipal tamén inclúe o inicio do expediente da contratación, que continuará agora ca redaccións dos pregos para licitar a obra.

A actuación será financiada a través de dúas vías. Así xa conta cunha axuda da Xunta de Galicia, que aporta xa 445.092,89 € (o 50%) a través do Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a proxectos municipais estratéxicos, convocatoria á que se
presentaron unha vintena de proxectos en toda Galicia. Por outra banda, para completar a financiación, o Concello tamén presentou esta iniciativa ao Plan Provincia Extraordinaria, da Deputación de Pontevedra.
Publicidade
O proxecto, seleccionado como un dos poucos beneficiarios da convocatoria, inclúe actuacións fundamentais como ainstalación dun ascensor e accesos totalmente adaptados, eliminando barreiras arquitectónicas, a mellora do aillamento térmico e acústico, imprescindible para a práctica musical, a renovación da cuberta e da carpintería exterior e interior, a creación de novos aseos e mellora xeral de espazos e instalación e a reorganizacións de aulas e salas de ensaio para optimizar o uso docente e artístico
Un investimento clave para a cultura e a educación musical
A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, celebra “un paso decisivo para asegurar o futuro da Escola de Música, un equipamento que é orgullo colectivo e motor cultural, educativo, social e económico para Silleda e a comarca do Deza”.
Con máis de 200 alumnos e alumnas e como canteira da Banda Municipal, Banda Xuvenil, Banda Infantil e grupos tradicionais, a Escola actúa como dinamizadora constante da vida da vila a través de concertos, festivais e intercambios.
Publicidade
Traslado temporal das actividades durante as obras
O goberno municipal, en colaboración coa Escola de Música e a Banda Municipal de Silleda, está xa a traballar nun plan de traslado temporal do centro mentres duren as obras, co obxectivo de garantir o desenvolvemento das clases e actividades sen interrupción.
A actuación permitirá modernizar por completo un edificio dos anos 80 que, malia aos investimentos realizados para a súa posta en marcha como Escola de Música, hai agora 10 anos, presenta actualmente carencias en accesibilidade e eficiencia enerxética.








Comentarios