top of page

O goberno de Silleda leva a pleno o proxecto para remodelar a praza da Bandeira e o seu entorno

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do DUS 5000, dentro das medidas de mobilidade sustentable cofinancia a actuación con máis de 1 millón de euros de orzamento


Laura Moure/Silleda

A Corporación Municipal de Silleda abordará na sesión ordinaria prevista para este xoves día 28 (18:00 horas) unha das actuacións máis destacadas da lexislatura. Trátase da Reforma Integral da praza Juan Salgueiro da Bandeira, e to seu entorno, subvencionada con 814.056,05 euros no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través do programa DUS 5000.

O investimento total da actuación, denominada “Mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana no centro da Bandeira”, é de 1. 1.053.739,23 euros, unha actuación histórica que permitirá rexenerar este céntrico emprazamento e todo o seu entorno. O pleno abordará a aprobación do proxecto que foi redactado a través da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, da que forma parte o Concello de Silleda. “É unha actuación histórica para o noso municipio”, indica o rexedor Manuel Cuiña.


A actuación consiste na mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana tanto na praza Juan Salgueiro da Bandeira como nas rúas da súa contorna. Así, ampliarase a zona de praza e contarase con plataforma única nas rúas renque do Peixe, Renque da Froita, e rúa dos Pendellos. Tamén se actuará sobre a travesía Vista Alegre, que se urbanizará con esta

obra, creando un carril único e beirarrúas polas dúas marxes, ao igual que no tramo que vai dende esta ata a rúa Xeral.


Publicidade

Tamén se renovará todo o alumeado da zona, diminuíndo o consumo anual de enerxía e cun aforro estimado do 21,4 por centro, e instalando ademais 20 novos puntos de luz. Colocarase novo mobiliario, bancos, así como zonas axardinadas, sinalización e outros elementos. “Deste xeito, continuamos conseguindo novos investimentos para o noso

territorio, apostando por un deseño urbano máis sostible”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que tamén a través do IDAE se executou a reforma da rúa Progreso en Silleda.


Campo de Fútbol de Outeiriño e o Pavillón César González Fares

Por outra banda, o Concello de Silleda investirá un total de 104.464,75 euros para mellorar dúas das súas instalacións deportivas máis utilizadas pola veciñanza: os vestiarios e aseos do campo de fútbol municipal Outeiriño-Joselu Mato e o pavillón municipal de Deportes César G. Fares.


As obras están xa en fase de licitación, logo da aprobación do proxecto e dos pregos correspondentes na última sesión da Xunta de Goberno Local. Esta actuación realízase en colaboración ca Xunta de Galicia, que aportará unha axuda de 50.000 euros, ao abeiro das subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal. Dita achega realizarase en dúas anualidades: 29.410 euros para este 2023 e 20.590 euros para o 2024, o restante será achegado polo Concello de Silleda.


Publicidade

Estes fondos públicos están destinados á reforma do Campo de Fútbol de Outeiriño –Joselu Mato e o Pavillón deportivo César González Fares, polo que se se renovarán por completo os vestiarios e baños, colocando duchas novas, sanitarios e facendo unha redistribución dos espazos, tamén con mellores illamentos.


Esta actuación complementa o acondicionamento que o Concello de Silleda leva facendo nos últimos anos no complexo deportivo formado pola Piscina municipal de Silleda, o Campo de Fútbol de Outeiriño e o Pavillón Municipal César González Fares. O ano pasado cambiouse o alumado do campo de fútbol, onde tamén se colocaron redes novas e se pintaron os muros exteriores.


Xa no 2021, se renovaron os vestiarios compartidos entre o campo de fútbol e a piscina, ao igual que no pavillón se apostou polas luces led e se cambiaron as cubertas laterais. As dúas instalacións están conectadas ademais á Rede de Calor con Biomasa, que suministra nos dous casos auga quente sanitaria, conquerindo un maior aforro de custes.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page