O goberno de Silleda leva a Pleno as axudas ao estudio e a deportistas federados
Tamén abordará unha axuda de 2.000 á saxofonista Ana Rivas Gestal para participar nun certame en Xapón e a declaración de apoio á Festa da Empanada para lograr o título de Interese Turístico Nacional
Laura Moure/Silleda
O Pleno ordinario de Silleda previsto para o vindeiro xoves día 30 abodará diferentes cuestións que quedaron xa onte dictaminadas nas comisións informativas.

Entre elas figuran as axudas ao estudo para universitarios/as e estudiantes de ciclos superiores asi como as axudas á compra de material escolar para familias que precisan dunha protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego de cara ao vindeiro curso. Estas dúas liñas suman un total de 20.000 euros.
Tamén se someterán á aprobación do Pleno por segundo ano as axudas á deportistas federados/as que practiquen modalidades a nivel individual ou en parella. Esta liña de axudas, para a adquisición de material, desprazamentos e outros gastos relacionados coa práctica deportiva contará igual que na edición anterior con 3.000 euros.
Así mesmo, na sesión tamén se inclúe unha subvención nominativa por importe de 2.000 euros para a saxofonista silledense Ana Rivas Gestal, que en outubro participará nun prestixioso recital en Xapón.
Ademais destas cuestións, tamén se inclue na sesión ordinaria deste mes o escrito de apoio para solicitar que a Festa da Empanada da Bandeira, organizada polo colectivo Amigos da Festa da Empanada, sexa declarada de Interese Turístico Nacional, iniciando así a tramitación dos requisitos esixidos para esta celebración, que xa é de Interese Turístico Galego dende o ano 1999.









Comentarios