top of page

O galo de curral de Vila de Cruces protagonista da feira de Nadal desta localidade

Unha decena de establecementos realizaron as súas elaboracións co este prato estrela


Laura Moure/Vila de Cruces

Vila de Cruces acolleu onte unha das súas citas tradicionais de Nadal. Falamos da XXII Feira de Nadal do Galo de Curral. Nesta xornada aprovéitase para mercar o produto estrela desta localidade e que ademais é unha das comidas típicas destas datas.

Na carpa do Concello congregáronse os distintos produtores e tampouco faltou a elaboración in situ do galo de curral. Once restaurantes participaron nesta iniciativa cociñando os mellores pratos e ademais, recibiron un obsequio por parte do Concello: unhas figuras en forma de cociñeiros.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Hoxe gozamos da XXII Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, en compañía de todos os nosos veciños e veciñas, que unha vez máis estiveron á altura das circunstancias asistindo a este evento tan importante que xera riqueza para o concello a través dos nosos criadores e restauradores que demostraron novamente que contamos co mellor produto e os mellores profesionais para a súa preparación", sinalou onte o Concello.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page