top of page

O festival de maxia Galicia Ilusiona chega o martes 30 a Silleda con Nacho Samena

26 ago 2022
1 min de lectura

A cita será no recinto das piscinas municipais de Silleda, ás 17:30 horas


Laura Moure/Silleda

O festival mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”, no que participan diversos artistas, chegará a vindeira semana ao municipio de Silleda. A cita con este festival, patrocinado polo Xacobeo 21-22 e a Fundación La Caixa, será o martes día 30 ás 17:30 horas no recinto das piscinas municipais de Silleda.

Baixo o lema Maxia na Vila, Nacho Samena será o encargado de dixirir este espectáculo organizado e producido por Pedro Bugarín e Dani Polo. Pese á súa mocidade, Samena leva máis de 15 anos no mundo da maxia, que compaxina coa súa faceta musical como pianista. Ten participado en prestixiosos festivais de maxia, compartindo cartaz como moitos artistas de recoñecemento nacional e internacional.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O pasado mes de febreiro recibiu o Primeiro Premio do Concurso Nuevos Talentos do XII Festival Internacional de Magia de Madrid, cunha maxia directa, innovadora e impactante. Dende a Concellería de Cultura de Silleda anímase ao público a achegarse o vindeiro martes ata a piscina de Silleda para disfrutar en familia deste espectáculo incluído no certame Galicia Ilusiona.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page