Trátase dunha campaña de recollida de xoguetes usados destinada a levar a ilusión aos nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade
Laura Moure/Rodeiro
As asociacións rodeirense O Falar das Pedras, Emecla e Mocidade Kambota coa colaboración do Concello de Rodeiro impulsan unha nova iniciativa solidaria: unha campaña de recollida de xoguetes usados destinada a levar a ilusión aos nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade.
A campaña, extenderase ata o vindeiro 26 de decembro. Durante este periodo,as personas interesadas en colaborar poderán depositar xoguetes en bo estado na biblioteca da Casa da Cultura en horario de mañá e os venres en horario de mañá e de tarde.
O obxectivo desta acción é xuntar a solidaridade local coa finalidade de, na medida do posible, achegar un xoguete a aqueles nenos e nenas en situación de vulnerabilidade podan gozar da maxia do Nadal. Por iso, anímase a toda a veciñanza a contribuír con xoguetes educativos, creativos e lúdicos que fomenten o desenvolvemento e a diversión.
Publicidade
O Concello de Rodeiro e as asociacións organizadoras destacan a importancia desta iniciativa como exemplo de solidariedade e compromiso comunitario. “Traballando unidos, como comunidade, permítenos levar esperanza e ilusión aos máis pequenos e pequenas”, subliñan os responsables das asociación impulsoras. "Convidamos a todos os veciños e veciñas de Rodeiro a sumarse a este proxecto, porque nestas datas cada pequeno xesto pode xerar un gran sorriso".
Destacar que esta iniciativa xa se levou a cabo fai anos con gran éxito, naquela recolleranse máis de 1.000 xoguetes que foran repartidos entre o Concello de Rodeiro e Aldeas Infantiles SOS Galicia. "Recordar que o xoguete usado ten que estar en perfecto estado", recalcan.
Comentários