top of page

O exconselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal será o pregoero do III Sabor Labrego de Rodeiro

A cita será o 24 de maio

Laura Moure/Rodeiro

O Sabor Labrego, que se celebrará o 24 de maio en Camba, contará con Alfredo Suárez Canal como pregoeiro desta 3° edición. Así o anunciou onte o tenente de alcalde de Rodeiro, Alberte Lamazares. "Dende o Concello decidiuse designar como pregoeiro desta edición a Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia entre os anos 2005 e 2009".


A súa elección chega despois do proceso participativo aberto pola organización para recoller propostas da cidadanía, no que o seu nome foi un dos máis repetidos polos veciños e veciñas, tal e como explica Lamazares. Durante a súa etapa á fronte da Consellería destacou pola defensa do rural galego e do sector agrogandeiro, especialmente das pequenas e medianas explotacións, impulsando políticas de desenvolvemento rural, modernización agraria e apoio ao tecido produtivo do país.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Entre as iniciativas máis salientables do seu mandato figuran tamén o impulso do Banco de Terras de Galicia, unha ferramenta pioneira para recuperar superficie agraria en abandono e poñela a disposición da actividade produtiva, así como a aposta polas Unidades de Xestión Forestal, orientadas a mellorar a ordenación e aproveitamento sostible do monte galego.


Do mesmo xeito, desde a organización de Sabor Labrego quérese destacar a especial vinculación da súa etapa de goberno co este concello, xa que foi baixo o seu mandato cando se aprobou a primeira concentración parcelaria no municipio e, ata o día de hoxe, tamén a última realizada.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con este nomeamento, Sabor Labrego quere recoñecer "unha traxectoria política estreitamente ligada á defensa e valorización do rural galego, nun evento que precisamente nace coa vontade de poñer en valor o traballo, a cultura e o futuro do noso sector primario".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page