top of page

O Entroido arzuán incluirá concurso e baile de disfraces, un obradoiro familiar, inchables e música

30 ene 2023
2 min de lectura

Prolongarase durante catro días con distintas actividades nas que tamén haberá chocolatada popular


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o Entroido catro días de actividades que darán comezo o domingo 12 de febreiro co xa anunciado concurso de disfraces e complétase con música, un obradoiro familiar, baile, inchaches e chocolatada.

O concurso de disfraces de Arzúa o ano pasado.

Así arranca co concurso de disfraces o domingo 12 que se celebrará a partir das 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo onde se desenvolverán as actuacións dos participantes e se fará a entrega dos premios que superan os 2.000 euros repartidos entre as categorías de comparsas, grupos, individual infantil, individual adulto e simpatía.


O concurso farase co público sentado e cos concursantes facendo a súa intervención sobre escenario nunha gala que estará presentada polo humorista arzuán Xan Veiga. A apertura de portas farase unha hora antes do inicio.


As actividades continúan o venres 17 coa actuación da agrupación folclórica Os Santiaguiños coa danza de Entroido, chamada O Ensaio, que están a recuperar na zona de Boimorto. Farán dous pases, o primeiro ás 18:00 horas na Residencia San José e o segundo na Praza de Galiza ás 18:30 horas.


Na xornada do sábado 18 terá lugar un obradoiro familiar de elaboración de sombreiros de Entroido. Celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro a partir das 17:30 horas. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente no Departamento de Cultura ou no teléfono 981 500 222 do 1 ao 15 de febreiro. Cada menor deberá acudir acompañado dunha persoa adulta. A actividade é de balde e as prazas limitadas.


A programación complétase na tarde do martes de Entroido, o día 21 de febreiro, cun baile de disfraces en horario de 17:00 a 20:00 horas que contará con inchables, chocolatada popular e coa actuación do dúo musical Estrellas. Estas actividades realizaranse na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A Concelleira de Cultura, Aurora Varela, afirmou esta mañá sentirse “moi satisfeita pola programación artellada e pensada para o desfrute de todos os públicos e para todas as idades” e anima “a toda a veciñanza e visitantes a vivir en primeira persoa estas festas que significan moito para as nosas tradicións e cultura”.


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page