top of page

O Encontro Corazón da Artesanía reunirá en Agolada artesanía coa cociña galega vangardista

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

O Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará nos Pendellos de Agolada (Pontevedra) do 8 ao 10 de xullo, contará no seu programa de actividades coa iniciativa Artesanía no Prato, un proxecto no que Artesanía de Galicia se une coa cociña galega máis vangardista a través de demostracións gastronómicas de prestixiosos chefs galegos.

 

Así, este evento de divulgación e de posta en valor dos oficios artesanais galegos organizado pola Xunta, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, contará cos cociñeiros do Grupo Nove Lucía Freitas (unha Estrela Michelin e dous Soles Repsol); Héctor López (dous Soles Repsol) e Javier Rodríguez Ponte “Taky”; así como o chef Álvaro Fuentes (dous Soles Repsol).

 

Estes chefs serán os encargados de realizar  demostracións culinarias durante os días 8, 9 e 10 de xullo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada. Os asistentes a estes showcookings poderán degustar menús elaborados polos prestixiosos profesionais da mellor gastronomía galega e servidos en pezas de Artesanía de Galicia e elaborados polos obradoiros Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños), Armaior (Quiroga), os obradoiros da Coruña Arobe Cerámica e Arteviares, Celso Ferreiro (A Fonsagrada), Elena Ferro (Merza, Vila de Cruces), Laura Delgado (Cambre), Lorenzo Design (Santiago de Compostela), Raposiñas (A Pobra do Caramiñal) e Regal Cerámica (Viveiro), así como pezas elaboradas polo cesteiro Antonio Suárez Dávila (Vigo).

 

As sesións iniciaranse o venres con Lucía Freitas, do restaurante A Tafona (Santiago de Compostela), que realizará dous pases en horario de 13:30 e de 15:00 horas, no que utilizará produto de Cabo de Peñas. O sábado o cociñeiro Héctor López, do Restaurante España (Lugo), realizará tamén dúas demostracións, ás 13:30 e ás 15:00 horas, mentres que Álvaro Fuentes, da Taberna A Meloxeira (O Grove), encargarase da demostración a partir das 20:30 horas, na que empregará produtos da marca de calidade PescadeRías, grazas ao apoio da Consellería do Mar. O domingo, será Javier Rodríguez Ponte “Taky”, do Catering Boketé (Cambre), o que se encargará de realizar dous espectáculos gastronómicos, ás 13:30 horas e ás 15:00 horas.

 

A programación de Artesanía no Prato completarase con dúas degustacións que terán lugar no mesmo espazo que os showcooking. O venres ás 20:00 horas está prevista unha cata de viños certificados por Galicia Calidade, a cargo da enóloga Cristina Murga e o domingo terán lugar os Obradoiros Servizo Perfecto by Estrella Galicia, ás 18:00 e ás 19:00 horas.

 

Para poder asistir a calquera das actividades de Artesanía no Prato é preciso inscribirse previamente no teléfono 692 843 313 (en horario de 9,00 a 14,00 horas) ou no correo electrónico info@comunic-artecomunicacion.com.

 

Estes showcookings e degustacións forman parte dunha oferta gastronómica que se complementa con 31 expositores de produtos gourmet. Haberá postos de viños, conservas, licores, produtos elaborados con castaña, fabas, cervexas artesás, embutidos de porco e galo celta, meles e doces, entre outros, e nas proximidades dos Pendellos estarán a disposición dos visitantes 3 food-trucks.

 

O Corazón da Artesanía convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación con outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Na edición deste ano contarase con 57 artesáns de 27 oficios diferentes, actuacións musicais, talleres abertos de iniciación aos oficios artesanais e cursos especializados con inscrición previa. O horario do Corazón da Artesanía. IX Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia será de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas.

 

Artesanía no Prato

O proxecto Artesanía no Prato xorde na segunda edición do Corazón da Artesanía, no ano 2013, coa colaboración de prestixiosos cociñeiros do Grupo Nove que comezaron a apostar pola incorporación de pezas da marca Artesanía de Galicia como soporte de presentación dos seus menús. Esta iniciativa está a medrar co paso de cada edición e permite que talleres de artesanía de diferentes oficios entren en contacto directo con profesionais do sector da gastronomía. Froito destes anos de traballo, e das xornadas bianuais que se organizan desde a Xunta, están a xurdir proxectos de colaboración entre artesáns e cociñeiros que cada vez son máis numerosos.


Artesanía no Prato foi seleccionado en dúas ocasións como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía, nos anos 2019 e 2020, na categoría de Premio Promociona para Entidades Públicas e no ano 2021, foi escollido como exemplo de boas prácticas no programa europeo Crafts Code, orientado a mellorar a competitividade das pemes no sector da artesanía, a impulsar o seucrecemento e a promover a innovación, no que a Fundación Artesanía de Galicia participa desde o ano 20

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page