O DeporCampus Cabreiroá conságrase en Silleda con novo recórd de participación
- ecosdacomarca
- hace 4 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O DeporCampus Cabreiroá rematou o venres nas instalacións municipais da Gandareira consagrándose xa como unha cita indiscutible no calendario deportivo de verán no Concello de Silleda. Preto de 90 nenos e nenas, de 6 a 14 anos, disfrutaron ao longo desta semana das actividades dirixidas polos monitores das actividades promovidas dende a
Fundación RC Deportivo da Coruña.
Publicidade
Na clausura desta quinta edición, con entrega de diplomas e sorteo de agasallos, participaron dende o Concello a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e os concelleiros de Deportes e Transición Ecolóxica, Mónica González e Manuel Requeijo, respectivamente.
Publicidade
Así mesmo tamén estivo presente en nome do clube coruñés o xogador silledense Sergio Cortizo, que na vindeira tempada militará no equipo cadete do Dépor. Dende o Concello, Paula Fernández agradeceu a aposta do Deportivo por Silleda, onde esta actividade segue a batir récords ano tras ano.
Comentarios