top of page

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Agolada impulsa o programa “De igual a igual”

Inclúe unha serie de actividades que ten como finalidade fomentar a igualdade de xénero a corresponsabilidade e a loita contra a violencia de xénero


Laura Moure/Agolada

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Agolada a través dos fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero impulsa o programa “De igual a igual”, desenvolvido por Anacos Educativos e que ten como finalidade fomentar a igualdade de

xénero a corresponsabilidade e a loita contra a violencia de xénero a través de actividades abertas á cidadanía.

A proposta pretende crear espazos de participación, reflexión e aprendizaxe colectiva, visibilizando o papel das mulleres na sociedade e impulsando un cambio social baseado no respecto, a equidade e a convivencia. As accións propostas distribúense ao longo do ano 2025–2026 e abranguen diferentes públicos e formatos.


1. Fagámolas visibles:

- Espazo a pé de rúa para toda a poboación e con actividades para os cativos que se levará a cabo o día 25N.

- Xincana familiar a realizar en Semana santa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

2. Camiño da Igualdade: andaina participativa para todos os grupos de idade.

3. Envellecemento en Igualdade: programa en sesións para traballar coa poboación maior incorporando de maneira transversal o traballo en igualdade e corresponsabilidade a través de mobilidade corporal, dixitalización e estimulación cognictiva.


A concelleira, Margarita Varela, insiste na necesidade da realización e participación da comunidade nestas actividades, que agarda sexan de interese e utilidade para todas e todos.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outro lado, a traballadora social, Laura Reboredo, lembra que se está a realizar a avaliación do I Plan municipal de igualdade do Concello de Agolada e a elaboración do segundo, que verá a luz en decembro deste ano, e que se leva a cabo grazas a financiación da Deputación de Pontevedra a través das Subvencións a concellos da Provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2025.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page