O delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visita o polígono industrial Lalín 2000
Alí informou sobre as axudas da Xunta destinada á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, dotada cun orzamento de 3,5 millóns de euros
Laura Moure/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou, acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, este venres o polígono industrial Lalín 2000, un dos máis importantes da provincia, para informar sobre as axudas da Xunta destinada á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais, dotada cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

Reguera puxo en valor a importancia deste tipo de investimentos para reforzar a
competitividade do tecido empresarial, mellorar os servizos dos polígonos industriais e
favorecer a atracción de novas empresas, ao tempo que se avanza na sustentabilidade,
eficiencia enerxética e integración paisaxística destes espazos produtivos.
Publicidade
O delegado territorial lembrou que o prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o
vindeiro 3 de marzo e animou ás entidades locais a concorrer a esta convocatoria para
seguir mellorando as infraestruturas e servizos dispoñibles.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

As actuacións subvencionables inclúen a implantación de melloras na iluminación pública
con criterios de eficiencia enerxética; a construción ou mellora de plantas depuradoras de
augas, así como colectores con vertedura á depuradora municipal; a xestión de residuos
dentro do parque empresarial; a mellora das infraestruturas viarias, tanto de acceso como
interiores; a implantación de servizos centralizados de subministración de gas e/ou
hidróxeno; e as melloras nas infraestruturas e espazos públicos urbanizados orientadas á
integración paisaxística dos polígonos.
Publicidade
Reguera salientou que estas axudas se enmarcan na estratexia da Xunta para impulsar a
modernización dos parques empresariais galegos, dotándoos de infraestruturas máis
eficientes, sostibles e adaptadas ás necesidades actuais das empresas, co obxectivo de
xerar emprego, atraer investimento e favorecer o desenvolvemento económico local.









Comentarios