top of page
Foto del escritorLaura Moure

'O dedo e os monstros' de Francisco Antonio Vidal Blanco, obtén o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

O galardón, que conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, vaise entregar o 25 de maio na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces)


Laura Moure/Vila de Cruces

O dedo e os monstros, de Francisco Antonio Vidal Blanco, obtén o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia  O galardón, que conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, vaise entregar o 25 de maio na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Con este premio e a edición das obras galardoadas, a Fundación Xosé Neira Vilas recorda e honra a figura de Anisia Miranda, muller de Xosé Neira Vilas.

Vidal Blanco.

A obra premiada destaca, fundamentalmente e segundo o xurado avaliador, pola mestría da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión. Tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferencia entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.


Publicidade

O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega.


Francisco Antonio Vidal Blanco posúe unha traxectoria literaria consolidada. En 2021 obtivo o Premio Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión, outorgado por A vinganza de Fortimbras. En 2003 recibiu o Premio Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras, por O botín da inmortalidade, entre outros galardóns. No ámbito do ensaio, son de resaltar as súas achegas á obra de Murguía, con títulos como Manuel Murguía (1999), Textos en galego de Murguía (2000) e Murguía, as letras e a historia (2000). O seu labor literario, diverso e polifacético, complétase coa escrita de novelas. Entre algunhas das publicadas, pódense citar Os pecados capitais (2007) e As deusas do calvario (2010).


Publicidade

O acto de entrega do premio, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, terá lugar o 25 de maio ás 19:00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres. Ese día presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: Medo me dá, de Ramón Dominguez Veiga, editado por Embora.



0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page