top of page

O curso intensivo de español para persoas inmigrantes adultas amplíase en Silleda

Conta con 20 persoas inscritas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda ampliou o curso intensivo de español dirixido a persoas inmigrantes adultas, no marco do programa Anduriña, cun total de 20 persoas inscritas. A formación desenvólvese na Casa da Xuventude, con sesións os mércores, en horario de 10:00 a 13:30 horas, cunha ampliación de tres meses.

Asistentes a este curso nunha edición anterior.
Asistentes a este curso nunha edición anterior.

O curso está impartido por unha voluntaria, á que o Concello quere agradecer especialmente a súa implicación nunha iniciativa que busca favorecer a inclusión, a autonomía persoal e a participación social da poboación inmigrante asentada no municipio.


A actividade está orientada a mellorar as competencias básicas de lectoescritura e a facilitar o coñecemento da contorna, dos recursos municipais e da realidade sociocultural de Silleda, avanzando cara a unha sociedade “máis inclusiva, cohesionada e igualitaria”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O grupo está conformado por persoas de distintas nacionalidades e idades, o que converte as sesións nun espazo de intercambio cultural, aprendizaxe compartida e enriquecemento mutuo. Máis alá da aprendizaxe lingüística, o curso constitúe tamén un punto de encontro que favorece a creación de redes de apoio e relacións sociais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Desde o Concello destácase que esta acción formativa se enmarca na estratexia municipal de inclusión social e igualdade de oportunidades, apostando por políticas activas que contribúan a construír unha sociedade máis inclusiva, cohesionada e igualitaria. O programa Anduriña continúa así consolidándose como unha ferramenta útil para acompañar os procesos de integración e dar resposta ás necesidades reais da veciñanza.


O goberno local reafirma o seu compromiso co impulso de iniciativas que promovan a convivencia intercultural e a participación activa de todas as persoas que elixan Silleda como lugar para vivir e desenvolver o seu proxecto vital.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page