O curso de lingua de signos de Silleda, con todas as prazas cubertas, dará cometo o vindeiro sábado 17
- Laura Moure

- 12 ene
- 1 min de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar, Igualdade e Educación, impulsa un curso de lingua de signos que dará comezo o vindeiro sábado 17 de xaneiro e se prolongará ata o 28 de febreiro, cun total de sete sesións formativas.

A formación, organizada en colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA), desenvolverase na Casa da Xuventude, será en horario de 10:00 a 14:00 horas, cunha duración total de 28 horas lectivas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O curso espertou un grande interese entre a veciñanza, polo que non quedan prazas dispoñibles, existindo na actualidade lista de agarda para posibles incorporacións no caso de producirse baixas. Todas as persoas participantes que cumpran cos criterios establecidos de asistencia recibirán un certificado acreditativo, que será expedido
conxuntamente por XOGA e o Concello de Silleda.
Publicidade
Desde o Concello destácase que esta iniciativa se enmarca no compromiso municipal coa inclusión, a accesibilidade e a igualdade de oportunidades, promovendo ferramentas que faciliten a comunicación e contribúan á eliminación de barreiras para as persoas con diversidade sensorial.
Publicidade
Con esta acción, o Concello de Silleda continúa a apostar pola formación e a sensibilización social como piares fundamentais para avanzar cara a un municipio máis accesible, xusto e inclusivo.








Comentarios