top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O cruceño Emilio Montilla queda subcampión no Campionato Galego de 10k

Ecos da Comarca/Deza

Esta fin de semana o C.D. Biosbardo estivo en plena competición con dúas probas de gran nivel; por un lado o Campionato de España de Trailrunning por seleccións que se desputou en Ojós, Murcia, e por outro lado o Campionato Galego de 10k que se desputou en Xinzo de Limia e no cal o cruceño Emilio Montilla obtivo moi bo resultado.


Publicidade

"No campionato Galego de 10k presentámonos cun plantel competitivo importante a pesar das inclemencias climatolóxicas donde a meirande parte das e dos nosos atletas non tiveron o seu día. Emilio Montilla realizou unha competición moi intelixente, adaptándose á climatoloxía e aínda que ficou lonxe da súa marca na distancia conseguíu loitar polo título da categoría no sprint final, onde tan só un segundo o privaría do título galego,

facéndose así coa prata na categoría M50", sinala o clube.

Convocado pola selección galega de trail running Federico Losada competía tanto na

competición absoluta como na subcategoría M45. Coa mesma sorte que o seu compañeiro perfeou o sprint na recta de meta, quedándose a 3 segundos do podio nacional na que foi unha xornada histórica para o combinado galego.


Publicidade

"Dentro das seguintes citas do CD Biosbardo destacan xa os dous campionatos de España que temos en abril: o Campionato de España de Subida Vertical e o Campionato de España de Carreras de Montaña, ambos en Candeleda, Ávila".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page