O Corretroita de Sobrado bateu o seu récord de participación con 346 participantes
Hoxe, domingo, celébrase a XXV Feira da Troita con distintas actividades
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O Concello de Sobrado celebra onte a décima edición da Corretroita, unha cita deportiva que marca o inicio da programación da XXV Feira da Troita, e que este ano bate o seu récord de participación. Son 346 as persoas inscritas nas diferentes categorías da carreira, desde os máis pequenos, na categoría Troitiña, ata as probas sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e absoluta.

A competición deu comezo ás 18:30 horas, con saída dende a Vía Sacra, e volveu destacar polo singular percorrido polo que transcorre. A carreira absoluta, duns oito quilómetros, desenvolverase polo casco urbano de Sobrado e permitirá aos participantes pasar por espazos tan emblemáticos como os xardíns do Mosteiro de Sobrado —habitualmente pechados ao público—, a antiga muralla monástica e distintas rúas do centro da vila.
PUBLICIDADE
Os resultados poderán consultarse na web de Carreiras Galegas. Ao remate da proba, o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, e concelleiros da Corporación municipal fixeron entrega dos premios nas distintas categorías.
PUBLICIDADE
XX Festival Musical e Intercultural da Xuventude
Se a Corretroita celebra este ano o seu décimo aniversario, o Festival Musical e Intercultural da Xuventude alcanzou onte a súa vixésima edición, coincidindo, polo tanto, co 25 aniversario da Feira da Troita.
PUBLICIDADE
A programación musical deste sábado arrancou ás 20:30 horas na Praza do Concello coa actuación de The Cruze, cun repertorio de versións pop-rock. A partir das 22:30 horas, a actividade trasladouse á explanada do pavillón polideportivo, onde actuaron Nacha Pop (22:30 horas) e Los Rebeldes (00:00 horas), dous dos grandes referentes do pop e do rock español. O cartel completouse coa banda coruñesa de indie rock Alga e coa sesión da discoteca móbil Will, que prolongou a festa ata a madrugada.
PUBLICIDADE
Hoxe domingo, día grande da XXV Feira da Troita
A programación continua hoxe domingo coa celebración do día grande da XXV Feira da Troita. Desde as 11:00 horas abrirán os postos de artesanía e gastronomía e desenvolverase unha intensa programación que incluirá o pregón de Bernardo Fernández Piñeiro, a tradicional degustación popular da troita á montañesa e numerosas actuacións musicais e de animación ao longo de toda a xornada.
A XXV Feira da Troita está organizada polo Concello de Sobrado coa colaboración da Deputación da Coruña, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Rede Cultural da Deputación da Coruña e o Xacobeo.











Comentarios