O Corremelide celebra mañá, 29 de maio, a súa XXIII edición
- Laura Moure

- hace 14 horas
- 1 min de lectura
Laura Moure/Melide
Este venres, 29 de maio, celebrarase a unha nova edición, e xa son 23, desta actividade, organizada polo IES de Melide, dende o ano 2003 para a conmemorar o Día das Letras Galegas.

Nesta edición participarán o IES de Melide e os centros CEIP Nº1, CEIP Martagona, CEIP Pastor Barral e CEIP Arcediago.
PUBLICIDADE
A xornada contará con dúas modalidades: as carreiras de Primaria e Secundaria e a Andaina das Letras, destinada ao alumnado de Secundaria. O percorrido será de aproximadamente 1 quilómetro para Secundaria e de 700 metros para Primaria.
PUBLICIDADE
Haberá 8 categorías, medallas para os/as primeiros/as clasificados/as e sorteo de agasallos ao remate da actividade.








Comentarios