top of page

O Consistorio de Palas de Rei loce unha pancarta contra a violencia de xénero

hace 2 días
1 min de lectura

Tamén se colocaron expositores informativos sobre esta data nos accesos á biblioteca municipal


Ecos da Comarca/Palas de Rei

En sinal de rexeitamento social ante esta lacra, o Concello de Palas de Rei loce estes días na fachada principal da Casa Consistorial unha renovada pancarta conmemorativa co lema: «25N. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Palas de Rei di ¡Basta de violencia!».

Con esta acción simbólica, a institución municipal reafirma o seu compromiso coa igualdade e súmase á conmemoración do vindeiro 25 de novembro, facendo un chamamento á concienciación de toda a veciñanza.

 PUBLICIDADE

Por outra banda, tamén se colocaron expositores informativos sobre esta data nos accesos á biblioteca municipal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por outra banda, promove unha variada programación para conmemorar esta data. Toda a información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-palas-a-trav%C3%A9s-do-cim-promove-un-programa-de-actividades-con-motivo-do-25n

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page