top of page

O Concurso de Escaparates de Melide volve implicar o comercio local na decoración das festas na vila

Repartiranse tres premios por valor de 1.000, 500 e 250 euros respectivamente


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de lanzar unha nova edición do Concurso de Escaparates de Nadal. Calquera establecemento comercial do municipio pode participar nesta nova edición, enfeitando o seu escaparate con decoración relacionada cos motivos e ambientes natalicios, de forma que se contribúa a adornar Melide nestas entrañables datas.

Á hora de seleccionar os establecementos gañadores, o xurado terá en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e mais a ambientación propia do Nadal da decoración. Se hai texto incluído na composición, este deberá estar redactado en galego.


Nesta edición, o concurso volve contar cun primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 500 € e un terceiro por valor de 250 €.

Para participar no concurso, os escaparates deberán permanecer decorados polo menos entre o 12 de decembro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023. A inscrición pode facerse enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodemelide.gal antes do 9 de decembro.

O xurado fará pública a súa decisión o luns 9 de xaneiro de 2023 ás 12 horasno Salón de Plenos da Casa do Concello.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page