O Concello inicia a renovación e reforzo dos colectores de vidro en Silleda e na Bandeira
- Laura Moure

- hace 1 minuto
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda iniciou onte os traballos de mellora e reforzo da recollida selectiva de vidro, cunha primeira actuación nos dous cascos urbanos, Silleda e A Bandeira, onde xa comezou a substitución de colectores. Nos vindeiros días, esta mellora estenderase tamén ás parroquias do rural, cun plan que inclúe tanto o reforzo de unidades como a renovación das que presentan un maior deterioro.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

No caso de Silleda e A Bandeira, está previsto cambiar arredor dunha ducia de colectores (entre ambos núcleos), dentro dunha actuación destinada a mellorar o estado do equipamento e facilitar a reciclaxe por parte da cidadanía. Quedan pendentes, por outra banda, os colectores que contan con dispositivo hidráulico para a atención da hostalería, que se renovarán nunha vindeira fase.
Publicidade
Ao inicio destes traballos asistiron o concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Requeijo, e a tenenta de alcaldesa, Mónica González. Requeijo subliñou que “o obxectivo é mellorar o servizo e facilitar que cada vez máis persoas poidan reciclar vidro en boas condicións” e apelou “á colaboración da veciñanza para seguir avanzando na separación de residuos e no coidado dos puntos de recollida”.
Publicidade
Dende o Concello lémbrase que o reciclaxe do vidro é unha das vías máis efectivas para reducir residuos, aforrar recursos e avanzar cara a un modelo máis sostible, polo que se anima á cidadanía a facer uso destes colectores e manter os espazos en boas condicións.








Comentarios