top of page

O Concello informa que a turbidez detectada na auga da traída de Silleda se debe ás últimas chuvias

10 oct
2 min de lectura

O servizo municipal de augas está a revisar os distintos procesos da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) para recuperar canto antes as condicións habituais da subministración


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa de que os episodios de turbidez detectados nas últimas horas na auga da traída municipal están relacionados coas precipitacións rexistradas esta semana, despois dun período prolongado de seca. Segundo explican dende o servizo municipal de augas, as chuvias e a tormenta do pasado martes provocaron o arrastre de sedimentos acumulados no leito do río Deza, do que se abastece a rede municipal. Esta circunstancia ocasionou unha alteración na transparencia da auga, que se manifesta nun aspecto máis turbio do habitual.

Trátase dun episodio asociado ás condicións meteorolóxicas recentes, que se prevé temporal, e no que xa está a traballar o persoal do servizo municipal de augas para recuperar a normalidade o antes posible.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Concello quérese aclarar que a turbidez é un parámetro físico relacionado coa presenza de partículas en suspensión na auga, e non un parámetro microbiolóxico nin químico.


O Concello é plenamente consciente de que o aspecto que presenta a auga nestas circunstancias non resulta agradable, especialmente cando se destina ao consumo doméstico, e comprende a preocupación manifestada por parte da veciñanza, se ben non presenta risco para a saúde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, o servizo municipal de augas continúa a revisar os distintos procesos de tratamento e filtración da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), co obxectivo de reducir a presenza de partículas en suspensión e restablecer as condicións habituais de transparencia.


O Concello de Silleda continuará facendo un seguimento da situación e informará da súa evolución, ao tempo que agradece a comprensión da veciñanza ante esta incidencia puntual e lamenta as molestias que poida estar ocasionando.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page