top of page

O Concello do Pino terá 5,86 millóns de euros de orzamento en 2026

O Pleno tamén aprobou dous proxectos para incluir no POS+ Adicional 4 en San Breixo e Cerceda


Ecos da Comarca/O Pino

A Corporación do Pino aprobou o martes o orzamento do Concello para 2026, que ascende a 5,86 millóns de euros, cun claro enfoque nos servizos públicos, a protección social e o desenvolvemento de infraestruturas. As Contas aprobáronse cos votos a favor do equipo de goberno (PP) e a abstención da oposición (BNG e PSdeG). "De cada 5 euros das contas, 1 dedícase a investimentos reais e outro euro a protección e promoción social", sinalan dende o Concello.

ree

O alcalde do Pino presentou o martes no Pleno un orzamento para o vindeiro exercicio, que ascende a 5,86 millóns de euros (un 2,6% superior ao deste ano), unhas contas que

cualificou de “estables, sostibles e sen débeda” coas entidades financeiras. “Presentamos unhas contas saneadas, o que amosa o compromiso do equipo de goberno cunha política de gasto eficaz, mantendo uns servizos públicos de calidade que benefician a toda a cidadanía”, asegurou Manuel Taboada.


O capítulo máis importante de gastos e o destinado a financiar bens correntes e servizos que se prestan á veciñanza, de 3,39 millóns de euros, o que representa máis da metade do

orzamento. Dentro deste apartado, para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e a protección social primaria resérvanse 935.955 euros.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Para investimentos reais, o Concello do Pino reserva 1,11 millóns de euros para o vindeiro

exercicio, aos que hai que engadir os 182.000 euros que debe aportar o Concello para a

humanización da rúa dos Mollados e a de Forcarei (a Xunta financia os 424.00 euros restantes e encárgase de executar as obras).


Os gastos de persoal representan un 14,28% das contas, 0,83 millóns de euros. O incremento nesta partida respecto ao orzamento deste ano ven motivado polo incremento das retribucións contempladas para o sector público que establece o goberno central.


As transferencias correntes ascenden a 219.000 euros e inclúen tanto as axudas de asistencia social primaria para a veciñanza como as achegas previstas para o fomento da natalidade. Polo que respecta aos ingresos, durante o ano 2026 o Concello do Pino recibirá 3,18 millóns pola participación nos tributos do Estado e no fondo de cooperación local da Xunta, sendo estas transferencias correntes a partida máis importante no capítulo de ingresos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Os impostos directos para o vindeiro exercicio estímanse en 1,5 millóns de euros, e as taxas e prezos públicos en 601.500 euros. As transferencias de capital ascenden a 576.424 euros para o vindeiro exercicio.


Segunda fase do POS+ Adicional 4 No Pleno tamén se aprobaron por unanimidade dous proxectos para incluír no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal da Deputación da Coruña. A segunda fase do POS+ Adicional 4/2025 conta cun orzamento conxunto de 227.599,56 euros. A Corporación aprobou o proxecto para construír unha senda peonil do cruce de Casal ata a Igrexa de San Breixo, e que tamén inclúe a mellora da capa de rodaxe e do acceso á igrexa de San Breixo, cun orzamento total de 150.429,91 euros.


A outra obra que se inclúe nesta segunda fase do POS+ Adicional 4 e a mellora dos accesos a Vilarmeao (en Cerceda), que conta cun orzamento de 94.068,22 euros.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page