top of page

O Concello do Pino organiza unha Masterclass de Zumba Solidaria a favor da ACEM

A cita é o sábado 22 de febreiro no Polideportivo Municipal de Lameiro


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino celebrará unha nova edición da Masterclass de Zumba Solidaria o sábado, 22 de febreiro, a partir das 18:00 horas no Polideportivo Municipal de Lameiro. A entrada para participar neste evento será de 5 €, importe que se destinará integramente á ACEM (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actividade, aberta a todos os veciños e veciñas que queiran gozar dunha tarde de diversión e solidariedade, contará coa participación de monitores e monitoras especializadas que guiarán aos asistentes no seu ritmo de zumba. A organización anima aos participantes a acudir disfrazados para dar un toque de cor e alegría ao evento, especialmente tendo en conta a proximidade do Entroido.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta acción, o Concello do Pino quere promover, ademais de hábitos saudables, o apoio a unha causa social tan importante como a loita contra as enfermidades tratadas

pola ACEM. Os fondos recadados serán empregados para continuar co apoio ás persoas que padecen estas condicións e ás súas familias.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page