O Concello do Pino leva 63 veciños e veciñas a coñecer a tradicional feira de Barcelos, en Portugal
Ecos da Comarca/ O Pino
Un total de 63 veciños e veciñas do Pino participaron este xoves 1 de outubro na excursión organizada polo Concello a Barcelos, en Portugal, para coñecer e gozar da súa tradicional feira.

A expedición estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Eva Varela, e desfrutou dunha xornada marcada polo bo tempo, a convivencia e o ambiente festivo.
PUBLICIDADE
O grupo aproveitou a visita para percorrer a feira e descubrir un dos lugares máis fermosos do norte de Portugal, compartindo tamén o xantar.
PUBLICIDADE
A grande acollida que tivo esta iniciativa anima o Concello do Pino a seguir apostando por novas excursións deste tipo, que favorecen a convivencia e ofrecen alternativas de lecer para a veciñanza.









Comentarios