A Casa das Mulleres de Arzúa estrea unha nova programación de actividades este mes de outubro
A Área de Igualdade dá un novo impulso a este espazo de encontro e participación con propostas que se irán renovando mes a mes e garantirán unha programación continuada ao longo do ano
Laura Moure/Arzúa
A Casa das Mulleres estrea este mes de outubro unha nova programación de actividades coa que a Área de Igualdade quere reforzar a actividade deste espazo e abrir novas posibilidades de encontro e participación. As propostas iranse renovando cada mes, cunha axenda propia ao longo de todo o ano que garanta unha programación estable.
A programación de outubro reúne actividades culturais e formativas, encontros, asesoramento e iniciativas arredor da igualdade, da saúde, da literatura e da memoria das mulleres.

PUBLICIDADE
Lucía López, concelleira de Igualdade, sinala que "outubro é o primeiro de moitos meses nos que imos contar cunha programación propia, continuada e estable na Casa das Mulleres, con actividades diversas e cun espazo cada vez máis aberto á participación".
A concelleira destaca tamén que "a Casa das Mulleres está a disposición dos colectivos de mulleres, feministas e LGBT como lugar de encontro e para desenvolver as súas propias iniciativas". "Queremos que sexa un espazo para todas as persoas que queren construír unha Arzúa en igualdade", engade López.
PUBLICIDADE
Programación de outubro
2 de outubro – IES Arzúa 12:50 h. Teatro «NABIZA GIRL 2», con Isabel Risco.
5 de outubro – Casa das Mulleres 11:00 h. Obradoiro sobre regularización extraordinaria, con MPLP.
8 de outubro – Os xoves na Casa! 17:00 h. Día da Menopausa. Exposición e mostra de libros.
10 de outubro – Tecendo Irmandade 9:45 h. Excursión a Padrón e Arousa con Rosalía de Castro.
15 de outubro – Os xoves na Casa! | Día das Mulleres Rurais 17:00 h. Encontro informativo sobre familias monomarentais, con merenda e ludoteca, con FAGAMOS.
17 de outubro – Tecendo Irmandade 9:45 h. Excursión ao Deza con Maruja Mallo.
19 de outubro – Día das Escritoras 12:00 h. Inauguración do Recuncho de lectura pola igualdade.
22 de outubro – Os xoves na Casa! 17:00 h. Obradoiro «O XOGO DAS ESCRITORAS» para crianzas.
26 de outubro – Casa das Mulleres 10:00 h. Servizo de asesoramento xurídico en estranxeiría, con MPLP.
29 de outubro – Os xoves na Casa! 17:00 h. Inicio do obradoiro «AS MULLERES CONTAMOS A NOSA HISTORIA», de escrita autobiográfica.









Comentarios