top of page

O Concello do Pino anuncia o inicio da edición 2025 do programa 'Vai de Praia'

A veciñanza poderá gozar de oito visitas aos areais galegos os mércores de xullo e agosto


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia, unha iniciativa xa consolidada no municipio que lle ofrece á veciñanza a oportunidade de gozar da costa galega durante os meses de verán.

As saídas realizaranse os mércores de xullo e agosto, iniciándose o 2 de xullo cunha visita á praia Xardín, en Boiro. O día 9 será a quenda da praia de San Francisco, en Muros; o 16 desprazarase á praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal; e o mes de xullo pecharase o día 30 cunha excursión á Illa de Arousa. Durante o mes de agosto repetirase esta mesma ruta, nas mesmas datas de semana: o día 6 visitarase de novo a praia Xardín, o 13 a de San Francisco, o 20 a de Cabío e o 27 a Illa de Arousa.


O prezo por cada viaxe mantense igual que o ano pasado, con un custe de 10 euros para as persoas adultas e un desconto do 50 % para menores de 13 anos, que deberán ir sempre acompañados dunha persoa adulta. Un autobús percorrerá as diferentes parroquias do municipio para facilitar o desprazamento, polo que é necesario inscribirse con antelación co fin de organizar correctamente os horarios e as paradas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas poden reservar praza realizando o ingreso correspondente na conta do Concello do Pino en Abanca (ES70 2080 0337 1131 1000 0078) ou entregando a documentación necesaria antes das 13.00 horas do día anterior á saída. Para máis información, poden dirixirse á Casa da Cultura, chamar ao teléfono 981 511 065 ou consultar a páxina web municipal www.opino.gal






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page