top of page

O concello do Pino acolle unhas xornadas de atletismo ao abeiro do Plan Corresponsables

O Club Atletismo O Pino organiza esta actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos de forma gratuíta


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino colabora coa celebración das xornadas de atletismo organizadas polo Club Atletismo O Pino a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Atletismo. As actividades, que terán lugar entre o luns 14 de outubro e sábado 26, desenvolveranse no pavillón de Lameiro e están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos, ofrecéndose de forma totalmente gratuíta.

Estas xornadas pretenden achegar aos máis pequenos ao mundo do atletismo de maneira lúdica, a través de adestramentos nas distintas disciplinas como carreiras, saltos, lanzamentos, valados e marcha. O evento contará cunha xornada especial o sábado 26 de

outubro pola tarde, cando se celebrará unha divertida xincana de obstáculos para toda a

cativada.


Os horarios das actividades distribúense por grupos de idade:

• Luns: 17:00 a 20:10 horas

• Martes: 17:30 a 19:00 horas

• Mércores: 17:00 a 20:10 horas

• Venres: 18:00 a 19:30 horas

• Sábado: 10:00 a 12:00 horas


As inscrición poden realizarse dende o luns 14 ás 15:00 horas ata o 26 de outubro ás 23:59

a través da seguinte ligazón: https://acortar.link/OJxxT3


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas que desexen obter máis información poden contactar co Club Atletismo O Pino a través do correo electrónico clubatletismoopino@gmail.com  ou chamando ao teléfono 653 595 949 (Javier).


Estas xornadas ofrecen unha excelente oportunidade para que os máis pequenos coñezan e desfruten do deporte, fomentando hábitos saudables e a convivencia.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page