top of page

O Concello de Vila de Cruces inicia o proceso para a elaboración do IV Plan de Igualdade

Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces vén de consolidar a súa aposta pola igualdade de xénero unha vez máis. O alcalde, así como a concellería da muller, declaran o seu compromiso

co establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e

oportunidades de mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real e efectiva e de integración social. Dito compromiso coa igualdade materialízase co inicio do proceso para a elaboración do IV Plan de Igualdade do concello de Vila de Cruces. A elaboración deste plan, que pretende ter unha vixencia de catro anos, conta coa colaboración e financiación da Deputación de Pontevedra, tras a concesión da subvención dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero.

O consistorio cruceño. Autor: Ecos da Comarca.

Os plans de igualdade son conxuntos ordeados de medidas adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, tendentes a alcanzar na administración local a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. Todas as administracións locais teñen a obligatoriedade de ter un propio, aplicando así o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes de todas as políticas públicas exercidas dende o concello de Vila de Cruces.


Esta semana constituise a Comisión de Igualdade, a encargada de realizar a diágnose de situación sobre a situación do concello para así poder establecer un plan de acción acorde ás necesidades de Vila de Cruces. Para a realización da mesma, pedirase a opinión e a contribución activa da cidadanía así como de determinados axentes sociais do concello (centros educativos, asociacións...) dende os medios que se porán ao seu alcance.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page