top of page

O Concello de Vila de Cruces denuncia que desapareceron as pancartas instaladas na PO-960

Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces colocou hai uns días unhas pancartas para demandar o arranxo urxente da estrada PO-960 que enlaza esta localidade con Santiago de Compostela. Hoxe o Concello lamenta a desaparición das mesmas.


"Hai uns días varias chamadas dos veciños alertaban ao alcalde Luís Taboada de que estaban a desaparecer as pancartas instaladas como método de presión para que a Xunta de Galicia arranxe dunha vez por todas a PO-960, que se atopa nun estado lamentable. Taboada desprazouse no día de hoxe para comprobar cantas pancartas substraeron, e a súa sorpresa foi máxima, ao comprobar que desapareceran todas as pancartas que se colocaron", sinala o Concello.

Unha das pancartas que se colocara á beira deste vial.

Pola súa banda, o rexedor cruceño reitera que unha das prioridades do equipo de goberno desde que chegaron e tomaron as rendas do Consistorio é a PO-960, unha vía moi transitada que une Vila de Cruces con Santiago de Compostela e que utilizan centos de cruceños e cruceñas a diario. Por este motivo, o mandatario non entende "a actitude de quen se encargou de facer desaparecer estas pancartas reivindicativas, persoa ou persoas que o único que conseguiron é que esta estrada volva ser noticia".


O alcalde xa confirmou que en breve instalaranse as pancartas novamente e ademais, colocará unha solicitando a reparación da PO-960 no balcón do consistorio. "Ao ver que non todo o mundo está conforme con que o grupo de goberno estea presionando á Xunta de Galicia para que realicen unhas actuacións que levan solicitando desde que Taboada chegou á Alcaldía, sen éxito ata o momento". Taboada aínda non recibiu contestación da conselleira Ethel Vázquez á súa petición de reunión, algo que entende nestes momentos de incerteza no PP cos cambios que se aveciñan, pero estará pendente e se no mes de maio ("que o PP dixo que xa cada un estaría no seu posto") non ten contestación ás súas peticións, garante que "o novo presidente da Xunta atoparase coa primeira manifestación do seu mandato".

De momento Taboada volverá instalar as pancartas onde novamente poderanse ler: Cansados de esperar, só quédanos actuar, a mesma frase para dar continuidade ás previsións marcadas, e solicita aos veciños e veciñas concienciación nunha obra que é para todos, e sobre todo que se teñen información destes actos vandálicos contra as pancartas reivindicativas, que non dubiden en informar dos mesmos, para erradicalos. "Xuntos conseguirémolo. Arranxo da estrada PO-960 xa!", recalca o Concello.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page