top of page

O Concello de Vila de Cruces coloca barreiras de protección nas inmediacións en varias instalacións

En concreto no polideportivo, na escola infantil e na zona de acceso do transporte escolar do CEIP Nosa Señora da Piedade


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces informa á veciñanza que, no marco das melloras de seguridade nos espazos públicos, procedeu á colocación de barreiras de protección nas inmediacións do polideportivo municipal, da escola infantil e da zona de acceso do transporte escolar do Colexio Nosa Señora da Piedade, en resposta ao risco existente na zona debido á caída libre, de aproximadamente sete metros, que se arrastra desde fai anos nese lugar.

Esta intervención ten como obxecto garantir a seguridade de todos os usuarios destas instalacións, especialmente dos nenos e as familias que transitan ou utilizan estes servizos. Tamén se pretende que os responsables do transporte escolar poidan realizar

as manobras necesarias na zona con total seguridade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde a identificación do risco, o Concello traballou para implantar unha solución efectiva que evite posibles accidentes, mellorando así a seguridade e o benestar da comunidade. A caída, que representa un risco potencial para as persoas nas proximidades, foi unha

preocupación constante, e con esta acción búscase reducir a posibilidade de accidentes e caídas, creando unha contorna máis segura para todos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O alcalde de Cruces, Luís Taboada, destacou a importancia de seguir avanzando na mellora de infraestruturas que protexan á cidadanía, especialmente aos máis vulnerables. "O noso compromiso coa seguridade e o benestar das veciñas e veciños é a nosa prioridade. Seguiremos traballando en proxectos que aseguren espazos públicos accesibles e seguros para todos", afirma.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page