top of page

O Concello de Vila de Cruces abre o prazo extraordinario para a inscrición aos plans Madruga

O período de matrícula estará aberto do 1 ao 4 de setembro no rexistro do Concello ou na súa sede electrónica


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces abre o prazo extraordinario para a inscrición no Plan Madruga e o Plan Concilia para os centros escolares de Cerdeiriñas e a Nosa Señora da Piedade para o vindeiro curso 2025-2026, co obxecto de cubrir as necesidades de conciliación das familias cruceñas.

ree

O Plan Madruga está destinado ao alumnado do CEIP Cerdeiriñas de Piloño. Terá dous horarios: de 8:45 a 9:45 horas, cun prezo de 20 euros por fillo/a ao mes (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 15 euros) ou tres euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro); e de 8:00 a 9:45 horas, cun prezo de 25 euros por fillo/a ao mes (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 20 euros) ou cinco euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro).


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

No caso do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, as familias poderán solicitar a súa praza no Plan Concilia. Haberá diferentes horarios de tarde: cunha hora de servizo, de 15:25 a 16:25 horas de outubro a maio, ou de 14:40 a 15:40 horas en setembro e xuño, ambas opcións cun prezo de 20 euros ao mes por fillo/a (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 15 euros) ou tres euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro); e tamén con dúas horas de servizo, de 15:25 a 17:25 horas de outubro a maio, e de 14:40 a 16:40 horas en setembro e xuño cun prezo de 30 euros ao mes por fillo/a (en caso de ter máis dun fillo escolarizado, a partir do segundo o prezo será de 25 euros) ou seis euros por cada día solto, opción sempre condicionada ao número de prazas libres e avisando previamente ao centro).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A solicitude extraordinaria de inscrición e a documentación complementaria, obrigatoria para conseguir a praza, poderase presentar no rexistro do Concello ou na sede electrónica do 1 ao 4 de setembro.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page