top of page

O Concello de Touro remata o desbroce de varias rutas de sendeirismo

Anuncia novas melloras na sinalización e na Fervenza das Pombas


Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro vén de finalizar os traballos de desbroce das rutas PR-G 121 e PR-G 93, coñecidas como “Ruta dos Tres Ríos” e “Ruta Ribeira do Ulla – Touro”, respectivamente. Nos vindeiros días iniciaranse tamén os labores de mantemento e limpeza na ruta das Hortas-Lañas.

ree

Ademais, o Concello levará a cabo un plan de reforzo e mellora da sinalización en todo o conxunto de itinerarios. Todas estas actuacións están a realizarse con persoal propio municipal, nun esforzo por garantir o bo estado e a seguridade das rutas. Tamén se acometerán obras de mellora da seguridade e do acceso na Fervenza das Pombas, na parroquia de Cornado, un dos espazos naturais máis visitados do municipio.


As rutas de sendeirismo de Touro constitúen un dos principais reclamos turísticos do concello e un referente na comarca de Compostela e en toda Galicia, destacando polo seu valioso bosque autóctono e pola súa localización nas ribeiras do río Ulla.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"O desleixo no mantemento das rutas por parte do anterior goberno provocara un requirimento da Federación Galega de Montañismo, que advertiu da posible deshomologación das tres rutas. Unha situación que se evitará coa execución de todas as melloras indicadas polo organismo competente", sinala o goberno actual.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con estas accións, o novo goberno, indica que "aposta decididamente polo turismo de natureza e pola posta en valor do patrimonio ambiental e paisaxístico do municipio". Nesta liña, "desenvolveranse diversas iniciativas para situar Touro como referente do sendeirismo a nivel galego, como a celebración da I Xuntanza Sendeirista Río Ulla, que terá lugar a próxima fin de semana e para a cal xa están abertas as inscricións".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page