top of page

O Concello de Touro recepciona obras de mellora de accesos a explotacións agrarias por 100.000 euros

Ecos da Comarca/Touro

As obras recentemente recepcionadas polo Concello e postas en servizo teñen un orzamento de case 100.000 euros do Plan de Camiños Rurais. A súa posta en servizo supón unha mellora moi importante dos accesos a explotacións agrarias en Sar e Millares e adecúanse ás novas necesidades de tránsito pesado que demandan as explotacións agrarias actuais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta área concéntranse explotacións gandeiras que suman unha facturación anual superior aos seis millóns de euros.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os sectores agrícola e gandeiro constitúen as principais actividades económicas e produtivas do Concello de Touro, xunto á transformación dos seus produtos e o sector forestal. O seu desenvolvemento actual precisa do acompañamento da mellora das dotacións públicas, para o que o Concello de Touro vén realizando obras na mellora viaria como as descritas, e que teñen cabida no marco da estratexia municipal para a defensa e desenvolvemento destes sectores.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page