top of page

O Concello de Touro pon á disposición da veciñanza modelos para recorrer as denegacións pola mina

Os veciños contarán coa axuda de persoal municipal para cubrir e rexistrar correctamente a solicitude

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro, a través da Concellería de Medio Ambiente que lidera o edil Darío Rey, informa á veciñanza de que xa están dispoñibles modelos oficiais para recurrir as denegacións de persoa interesada no procedemento administrativo de autorización do PIE Cobre San Rafael, así como en todos os procedementos conexos.


Os servizos xurídicos contratados polo concello elaboraron os diferentes modelos. Conclúen que as denegacións vulneran dereitos fundamentais. A veciñanza contará coa axuda de persoal municipal para cubrir e rexistrar correctamente a solicitude. IMPORTANTE: Hai un mes para presentar o recurso de alzada dende que é notificado a cada persoa.

Instrucións para cubrir e presentar os modelos de alegacións

Se recibiches unha notificación da Xunta denegándoche a condición de persoa interesada: Puxéronse a disposición dos veciños seis modelos diferentes de alegacións, cada un deles adaptado a unha situación concreta.


Antes de presentar o escrito no rexistro (ou de xeito dixital), cada persoa deberá revisar cal é o modelo que se corresponde mellor co seu caso e completar os seus datos persoais.

1. Datos persoais e adaptación do modelo. En todos os modelos deberán cubrirse os datos identificativos: Nome e apelidos. DNI/NIE. Enderezo a efectos de notificacións. Datos de contacto (se procede). Ademais, cada persoa poderá engadir aquelas circunstancias particulares que considere relevantes para explicar a súa relación co procedemento.

2. Documentación para acreditar a condición de interesado/a É importante diferenciar dous supostos:

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A) Persoas que xa solicitaron ser parte interesada no procedemento e xa achegaron documentación. Aquelas persoas que, no momento de solicitar ser consideradas parte interesada, xa presentaron a documentación acreditativa correspondente, non teñen que volver a achegar esa documentación agora. Neste caso será suficiente con: Presentar copia do escrito mediante o cal solicitaron ser parte interesada. Achegar, se se dispón del, o xustificante de rexistro ou presentación.

B) Persoas que solicitaron ser parte interesada pero non acreditaron documentalmente esa condición. As persoas que solicitaron formar parte do procedemento pero non achegaron documentación suficiente para acreditar esa condición deberán facelo agora xunto co recurso.


A documentación dependerá da situación de cada persoa: por exemplo:

  • Se reside no Concello: certificado de empadroamento.

  • Se é propietario/a dunha vivenda, finca ou terreo afectado: título de propiedade, escritura, referencia catastral ou calquera outro documento que acredite esa titularidade.

  • Se ten unha actividade económica ou empresa afectada: documentación que acredite esa actividade, como pode ser o alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE) ou documentación equivalente.

  • Se pertence a unha comunidade de Augas, documentación que acredite esa vinculación, como regulamentos, certificados ou outros documentos correspondentes.


En calquera outro caso: deberá achegarse aquela documentación que permita acreditar a

existencia dun interese lexítimo ou unha relación directa co procedemento.

Pode aportarse un documento ou varios, co fin de que resulte suficientemente acreditado o interese lexítimo.

  PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

TIPO DE MODELOS:

MODELO 1 AFECTADOS POLA LIÑA ELÉCTRICA

MODELO 2 PROPIETARIOS DE TERREOS,OU CALQUERA BEN AFECTADO POLO PROXECTO MINEIRO OU QUE DESENVOLVAN ALGUNHA ACTIVIDADE ECONÓMICA NA ZONA

MODELO 3 RESIDENTES MOI PRÓXIMOS, CON BENS AFECTADOS E/OU ACTIVIDADES ECONÓMICAS. EXEMPLO VECIÑOS ARINTEIRO

MODELO 4 COMUNIDADE DE AUGAS

MODELO 5 EMPADRONADOS EN TOURO EN XERAL

MODELO 6 VECIÑOS CON MOITA PROXIMIDADE ÁS VIVENDAS, EXEMPLO BAMA


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page