O Concello de Touro pide que se recoñeza que a veciñanza é parte interesada no proceso da mina
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro remitiu un escrito á Secretaría Xeral de Industria e desenvolvemento enerxético da Consellería de Economía e Industria a través do cal lle solicita que a veciñanza residente neste municipio sexa recoñecida de oficio como parte interesada para poder acceder a todo o relacionado co proxecto mineiro de Cobre San Rafael neste concello e polo tanto, que non teñan que acreditar esta condición.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Cabe mencionar que nos últimos días, están chegando cartas ás vivendas, para que a veciñanza demostre que realmente é persoa interesada neste procedemento. Ante isto, o Concello pon a disposición dos veciños un modelo de alegación e tamén axuda para rexistralas. Toda a información no enlace: https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/3222:modelo-e-apoio-municipal-para-acreditar-a-condicion-de-persoa-interesada-no-proceso-da-mina-de-touro
Publicidade
Escrito enviado polo Concello de Touro:








Comentarios