O Concello de Touro impulsa un novo plan de desbroces e mantemento de zonas públicas
- ecosdacomarca

- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Goberno municipal de Touro puxo en marcha un novo plan de accións de desbroces e mantemento das zonas públicas nas parroquias do concello, unha iniciativa orientada a mellorar a imaxe dos espazos comúns, reforzar a seguridade e contribuír ao benestar da veciñanza.

Segundo informaron desde o executivo local, as actuacións están a desenvolverse en áreas recreativas, espazos comunitarios e distintos núcleos de poboación, co obxectivo de garantir un mantemento máis coidado e continuo do territorio ao longo de todo o ano.
De maneira paralela, tamén deron comezo os traballos de desbroce nas vías públicas municipais. Como principal novidade, este ano estas tarefas deixan de limitarse ás intervencións puntuais coincidindo coas datas festivas, para pasar a contar cunha planificación máis ampla e estable no tempo, que permitirá actuar de forma preventiva e organizada.
PUBLICIDADE
Ademais, o Concello levou a cabo labores específicos para retirar as hedras das carballeiras do municipio, unha actuación dirixida a preservar a saúde destas formacións arbóreas e a poñer en valor o seu papel como elemento esencial do patrimonio natural local.
PUBLICIDADE
Desde o Goberno municipal subliñan que este plan responde ao compromiso de seguir traballando “para coidar cada parroquia e cada recuncho do concello”, reforzando así a calidade ambiental e a seguridade dos espazos públicos para toda a veciñanza.








Comentarios