Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro está levando a cabo obras na infraestrutura de abastecemento de auga. As obras que está a executar o departamento de obras que dirixe o concelleiro Jesús Martínez son parte das actuacións previstas para paliar as deficiencias do abastecemento de auga de Touro.
Publicidade
O concello dispón dun depósito de almacenamento de auga infrautilizado que ata este momento só subministraba a un polígono empresarial con escasa demanda. Con esta obra, ese depósito quedará conectado á rede de subministro xeral.
Publicidade
A súa posta en funcionamento permitirá aumentar a capacidade de almacenamento de auga poñendo en uso instalacións xa existentes e que ata agora estaban infrautilizadas; mellórase así a resposta ás necesidades da veciñanza durante o verán e redúcese a necesidade de subministro con camións cisterna, co conseguinte aforro económico.
Comments