O Concello de Touro denuncia un acto vandálico no local municipal da área recreativa de Santaia
- ecosdacomarca

- 16 jul
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro presentou unha denuncia ante a Garda Civil tras rexistrarse un acto vandálico no local de titularidade municipal situado na área recreativa de Santaia. Os feitos producíronse durante a noite do luns 13 ao martes 14 de xullo.

Segundo informou o propio Concello a través dun comunicado, os danos consistiron na rotura dunha reixa metálica dunha ventá, no forzamento do marco de aluminio da mesma e tamén da pechadura da porta de acceso, o que permitiu aos autores entrar no interior do inmoble.
PUBLICIDADE
Nunha primeira inspección non se detectou a falta de ningún obxecto nin se apreciaron máis desperfectos no interior, pero despois de detectouse que faltaban uns altofalantes e unha etapa de pontencia. Con todo, os danos ocasionados no acceso ao edificio motivaron a presentación da correspondente denuncia co obxectivo de esclarecer o sucedido e identificar aos responsables.
Desde o Goberno local condenan "este tipo de comportamentos incívicos", ao considerar que atentan contra un espazo público que pertence a toda a veciñanza. Así mesmo, confían en que a investigación permita dar cos autores destes feitos.
PUBLICIDADE
O Concello fai tamén un chamamento ao respecto polo patrimonio municipal e á colaboración cidadá para evitar que este tipo de actos vandálicos volvan repetirse.









Comentarios