top of page

O Concello de Touro contrata a recuperación dun edificio para local de formación

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro somete a contratación as obras para a recuperación do edificio situado xunto ás piscinas municipais para dedicalo a local de formación. Esta edificación foi destinada inicialmente ao servizo de protección civil e logo para formación en obradoiros de emprego, pero dende fai anos que está en desuso polo mal estado de conservación e falla de mantemento.

Estado actual do edificio.
Estado actual do edificio.

As actuacións inclúen a rehabilitación da cuberta e falso teito, reforma dos espazos interiores para facelos accesibles e útis, substitución de carpinterías e reparación

das instalacións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Co esta execución dótase ao concello dun espazo destinado á formación e participación veciñal, apoio ao tecido asociativo e ao emprendemento local; con perspectiva da promoción da igualdade e diversidade. Unha vez posto en funcionamento, poderá ser usado polos colectivos e asociacións para as súas iniciativas e actividades e polo Concello.


As obras permiten dar nova vida a un edificio que leva anos inutilizado polo seu mal

estado; e sobre todo, satisfacerá as necesidades da veciñanza do municipio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación ten un orzamento de case 60.000 euros, dos que 40 mil euros son achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención para creación de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O resto do importe achégao o Concello de Touro con fondos propios.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page