top of page

O Concello de Touro aposta por un novo espazo de lecer no parque Diéguez Reboredo

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro solicitará unha axuda nominativa á Deputación da Coruña para facer realidade un proxecto integral de humanización e mellora do parque Diéguez Reboredo, que converterá esta zona nun referente de lecer, deporte e convivencia para veciños e visitantes.

O proxecto inclúe:

  • A creación dun novo parque infantil, cuxo elemento principal será un gran multixogos deseñado para o desfrute de nenos e nenas de todas as idades. Contará tamén con elementos adaptados para persoas con discapacidade, garantindo así un espazo inclusivo e accesible.

  •  Valorarase a súa cubrición nunha fase posterior, co obxectivo de poder gozar do parque en calquera época do ano.

  • Un bikepark, destinado ós cativos que se queiran iniciar no mundo BTT.

  • Un parque canino, cun circuíto de habilidades para que tamén as mascotas dispoñan dun lugar seguro e acondicionado.

  • A posta en valor da carballeira existente, coa creación dunha zona de descanso e convivencia integrada na natureza.

 O proxecto levarase a pleno a vindeira semana.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No mesmo pleno tamén se aprobarán actuacións destinadas a mellorar a captación de auga municipal e reducir as perdas na rede, así como o proxecto integral de rehabilitación da piscina, que contemplará a reorganización do espazo e a creación dun parque anexo aberto durante todo o ano.


"Estes e outros proxectos serán presentados con detalle ao longo da semana. Con este proxecto, Touro segue a avanzar cara a un modelo de concello máis inclusivo e pensado para o benestar da veciñanza", sinala a administración local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page