O Concello de Touro amplía a decoración e a iluminación de Nadal
O acendido será o 4 de decembro
Ecos da Comarca/Touro
Este Nadal, Touro brillará con máis forza ca nunca! O acendido da iluminación de Nadal será o venres 4 de decembro, nun ano no que se amplía a decoración e a iluminación a moitos máis recunchos do municipio, tanto en Fonte Díaz como nas diferentes parroquias.

PUBLICIDADE
O éxito da iniciativa do pasado Nadal leva ao Concello a manter a iluminación nas capelas e igrexas que xa se iluminaran en 2025, ampliando este ano a proposta con tres novos puntos: Bendaña, Circes e Andeade.
PUBLICIDADE










Comentarios