top of page

O reto de cata dos selos de calidade galegos chega ao Magosto de Boimorto este venres

hace 7 horas
2 min de lectura

Laura Moure/Boimorto

O pavillón municipal de Boimorto acollerá este venres 13 de novembro, a las 20:30 horas, a última cita da iniciativa Credencial Gastro, que invita a descubrir os produtos galegos amparados por selos de calidade a través dunha degustación gratuíta. A actividade formará parte da programación do Magosto organizado polo concello.

Credencial Gastro invitará a veciños e visitantes a elixir unha credencial en función da tapa que queiran degustar (carne, peixe, vexetal ou doce). Tras probar a súa tapa, os participantes deberán identificar os tres produtos con selo de calidade que a compoñen. Quen acerte poderán gañar premios que van desde obsequios promocionais como minis Tortas de Santiago, marmeladas, mel, bolsas de tea ou cuncas, ata un lote de produtos de calidade diferenciada certificada.

 PUBLICIDADE

Para facilitar o reto, na instalación poderase consultar información sobre os produtos, que tamén está dispoñible na web do proxecto, credencialgastro.es


Con esta cita, Credencial Gastro pon o broche final a un percorrido que arrincou o 25 de outubro en Vedra e que pasou tamén por Pontecesures, Boqueixón e Mesía. Nestes dous últimos concellos esgotáronse as 400 tapas previstas durante a actividade. Coa súa proposta lúdica e participativa, o proxecto quere fomentar entre o público o coñecemento e o recoñecemento dos selos de calidade diferenciada, que ofrecen garantías sobre a orixe e as características dos produtos, á vez que se pon en valor o traballo dos produtores e elaboradores galegos e a súa vinculación co territorio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Credencial Gastro forma parte do programa O Teu Xacobeo, cofinanciado pola Xunta de Galicia, e conta co apoio de Agacal a través da súa iniciativa Aquí Sabemos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page